Alberto Olmos gaña o XLV Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba
__narrow.png)
O xoves 16 de xaneiro de 2024, o xurado do XLV Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba escolleu como gañador desta edición a Alberto Olmos Serrano polo seu artigo «Madrid se viene abajo», publicado en El Confidencial. A gala celebrouse, coma na anterior edición, na Casa América de Madrid.
O xurado destacou do texto a súa vixencia e pertinencia temáticas que, cun estilo de moi alta calidade literaria, sabe atopar o ton humorístico que ofrece o contrapunto a unha cuestión social de plena actualidade.
Podes ler o artigo gañador AQUÍ.
FINALISTAS
Natalia Junquera Añón participa co artigo titulado «Eternamente jóvenes», publicado en El País. Pola súa banda, Alberto Olmos Serrano opta cun artigo publicado en El Confidencial e titulado «Madrid se viene abajo». Eileen Truax foi escollida entre as persoas finalistas pola columna de opinión «Define blanco. Define negro. Define latino», publicada en Revista 5W.
XURADO
José María Merino Sánchez, exercendo como presidente
Isaac González Toribio, actuando como secretario
Jaime Abello Banfi
Ramón Pernas López
Cristina Sánchez-Andrade Potter
María Sánchez Rodríguez
O PREMIO
Seguindo coa idea de promover o diálogo entre columnistas e lectores de diferentes territorios de América e Europa, nesta edición volvemos á Casa de América en Madrid para facer acto de entrega do galardón. A Casa é un consorcio público que ten como obxectivo estreitar os vínculos entre España e o continente americano, especialmente en América Latina e o Caribe. Ocupa o céntrico Pazo de Linares de Madrid, na Plaza Cibeles, construído no último cuarto do século XIX e mantén a extraordinaria arquitectura e decoración coas que foi concibido.
NÓMINA DE PERSOAS GAÑADORAS
Esta é a nómina de persoas premiadas desde 1980: Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luis Pousa, Bibiana Candia e Manuel de Lorenzo Paradela e María Sánchez.
JULIO CAMBA
Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884 – Madrid, 1962) pertence á estirpe dos grandes escritores que desenvolveron boa parte da súa actividade nos xornais, ao igual que Wenceslao Fernández Flórez, Josep Pla, Azorín, Álvaro Cunqueiro, Max Aub, Corpus Barga… Personaxe de biografía viaxeira, correspondente en distintos países, autor de espírito libre e talante liberal, a súa obra foi recollida en diversos volumes e é estudada tanto nas facultades de Literatura como de Xornalismo. Entre os seus títulos máis coñecidos destacan Haciendo la República (1934), Aventuras de una peseta (1942), La ciudad automática (1942), Alemania, impresiones de un español (1947), La rana viajera (1947), Un año en el otro mundo (1959), La casa de Lúculo o el arte de comer (1961), etc. A súa obra caracterízase pola imaxinación e o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura o lector con intelixencia e extraordinaria eficacia, valores que se procuran mediante a convocatoria deste premio.