Ferrol vivido, Espazo +60 Ferrol

O Espazo +60 Afundación de Ferrol pon en marcha esta nova actividade todos os luns de outubro a maio. Con ela construiremos unha historia oral de Ferrol, a través das vivencias das persoas participantes, dos seus recordos, testemuños e fotografías, para recuperar a memoria da cidade e mantela viva. Unha oportunidade para que as nosas experiencias non se perdan e poidamos transmitilas ás xeracións máis novas.
Apúntate no Espazo +60 ou cubrindo o formulario!