• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

DIEGO SANTOMÉ

Santomé , Diego

( Vigo, 1966 )

Biografía

Esta é a actitude de Diego Santomé, novo valor plástico, nacido en Vigo en 1966. Participou na exposición «Indisciplinados», do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, na segunda Bienal de Videoarte, en Israel, e posteriormente realizou mostras individuais en Artium, de Vitoria, e na Galería Pilar Parra de Madrid. A súa última aparición foi na mostra «Sen xeración», do Auditorio de Galicia, en Compostela, e última obra para a vixésimo novena edición da Bienal de Pontevedra.

Con achegas e suxestións de diversas persoas, cuxas vidas e peculiaridades estuda, Santomé busca a súa expresión, implicada socialmente, recuperando tradicións artesanais, para reducir e ata suprimir a ideal distancia entre o artista e o público en xeral.

Obxectos comúns, como bólas de billar americano, múltiples e estudadamente situadas nun espazo indeterminable, constitúen o seu reto de atención ao espectador, acaso pensando na obra do escritor australiano, premio Nobel de Literatura, Patrick White e as súas Esferas do mandala.

Así, a obra participa da instalación, do móbil variable, para ser expresión única e múltiple. Aquilo que parece ser alleo á intención convencionalmente creativa é, á fin, vangarda plástica, se ben enlazada con modos de proceder que xa son historia nas páxinas dedicadas a estudos sociais.

Bibliografía

DIEGO Santomé. Peza de esquina e outros espazos en conflicto, CGAC, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2015.

DIEGO Santomé, Artedardo, Santiago de Compostela, 2007.

MAKING off / Diego Santomé, ARTIUM, Vitoria, 2005.

TRABALLOS temporais. Unha película de Diego Santomé, Fundación MARCO, Vigo, 2007.

Obra

  • BOLAS DE BILLAR (Serie Trabajos Inútiles)

    BOLAS DE BILLAR (Serie Trabajos Inútiles) 2007

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78