Comentarios
A natureza desbordante, case diriamos asfixiante, invade o espacio do espectador e sorpréndeo polo seu colorido. As follas da parra e as uvas son as protagonistas absolutas dunha obra onde os amarelos cálidos, os rosas e os granates adquiren o olor e sabor que rememoran o viño.
As formas frondosas e de grande xenerosidade están perfiladas, delimitadas por liñas grosas que conteñen a forza da natureza portadora da alegría da vida.