O Cumial
- INV:
- 2021
- Año de creación:
- 1975
- Dimensiones:
- 50 x 65 x 0
- Técnica:
- (o debuxo) tinta chinesa sobre papel
Comentarios
O cambio de estacións ten o seu reflexo na paisaxe do Cumial, onde o inverno entrou deixando ó seu paso un escenario árido e desértico simbolizado polos tristes matorrais situados en primeiro termo. No fondo, as escasas árbores arrólanse acompasadas polo vento.A plumiña empregada é de trazo fino, xerando unha sensación de fraxilidade na paisaxe. As zonas máis traballadas pertencen ás árbores, onde a maraña de trazos se contrapoñen ós grandes espacios en branco que dominan a composición provocando unha gran sensación de tristeza e soidade.