Bodegón
- INV:
- 2024
- Año de creación:
- 1973 - 1974
- Dimensiones:
- 50 x 65 x 0
- Técnica:
- Tinta chinesa sobre papel pintado con acuarela marela
Comentarios
A obra preséntase como un excelente estudio de luz e de sombra onde os botes e as xerras, colocadas sobre unha neveira, serven de pacientes modelos para realizar xogos lumínicos e crear unha composición dinámica na que, mediante o perfecto dominio do trazo, os botes esféricos, bañados polo sol da tardiña, adquiren volume e pasticidade.A luz, que penetra pola esquerda, xera un intenso contraste cromático, acentuado polo amarelo do papel e o negro, obtido da densa trama do debuxo que divide a obra en dúas zonas claramente diferenciadas.