La copa
- INV:
- 2218
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 162 x 130 x 0
- Técnica:
- Acrílico, algodón, látex/tea
Comentarios
Cunha liña configura unha copa sobre un fondo de efecto monocromático que presenta irregularidades na superficie, onde afloran protuberancias producidas pola pintura e engurramentos da tea adherida. O obxecto destaca, con toda a forza que lle dá o debuxo, nun ámbito de silencio co que semella fundirse. Desde 1989 a creación artística de García Gesto evoluciona cara a un despoxamento de formas e cores do territorio do cadro, traballando desde a reflexión, dentro da linguaxe pictórica tradicional.
Bibliografía
F. Pablos, "O secundario elevado ó protagonismo", presentación do catálogo "Bodegóns e floreiros", reproducido co núm. 36.
Exposiciones
“Pintura de fondo”, febreiro de 1997, G. Alameda, Vigo; Bodegóns e Floreiros Colección Caixavigo, abril e maio de 1998, no Centro Cultural Caixavigo.