Comentarios
Evoca Freijeiro o mundo da máquina enxalzado polos futuristas e base de inquedanzas estéticas de artistas como F. Léger, F. Kupka ou Duchamp. Cun vocabulario persoal, de rectas, curvas e cores vivas, constrúe un artefacto que roda sobre unha liña diagonal, observado por unha multitude de espectadores. A máquina amósase como un enxeño con connotacións cómicas pero tamén cun carácter reflexivo e analítico que nos obriga a pensar.
Bibliografía
Reproducido no catálogo da exposición de Madrid do 96.
Exposiciones
“freijeiro” G. Ferraz, Madrid, 1996.