Comentarios
Fiel á figuración, desde os seus comezos, utiliza a luz como moduladora da superficie da tea, unha luz lograda coa cor. A indumentaria e a actitude revelan a un xogador de golf detido no momento en que lle vai dar un golpe á bóla. Naconcepción da obra combínase a tradición pictórica, a vangarda moderna e a fotografía, cun expresivo tratamento da pintura.
EXPOSICIÓNS: Auditorio de Caixavigo, poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, 1999.
BIBLIOGRAFÍA: "Pontevedra con Centroamérica", catálogo editado pola Deputación Provincial de Pontevedra, 1999, coa obra reproducida.