Comentarios
As formas recortadas, perfiladas polo debuxo, resaltan sobre o fondo, potenciadas polas cores, verdes, azuis, marelos, grises... Os sombreiros, as cintas, os paxaros, os rostros das figuras, todo se integra nun conxunto, coma se se tratara das pezas dun crebacabezas que, unha vez ordenadas, adquiren o seu protagonismo, nunha composición de gran plasticidade.