• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Maternidad

RIVAS BRIONES

Maternidad
INV:
2608
Año de creación:
1966
Dimensiones:
79 x 65 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A pintura de Antón Rivas busca sempre o lado máis humano, retomando a figura feminina como motivo iconográfico fundamental na súa obra, enlazando, deste xeito, con obras de Maside, Manuel Torres, Colmeiro na súa lectura da muller como metáfora de Galicia.

Cinco personaxes compoñen esta escena onde unha nai co seu fillo se converten no centro principal de interese. Os acompañantes sitúanse de pé, rodeando a figura sedente da nai, que parece unha anciá. A figura maternal, sentada cara á dereita, sostén ao seu meniño no colo, pero non establece relación afectiva con el. A carón seu, destaca a imaxe impoñente dunha muller de perfil co pelo cuberto por un pano.

O tema das maternidades foi abordado moitas veces polo autor impoñendo o seu estilo. Adoitan ser imaxes, coma neste caso, de expresión cansa e envellecida, ausentes de toda beleza física, afastándose das tradicionais imaxes maternais.

Os corpos son grandes, monumentais, cun gran desenvolvemento das extremidades, sobre todo os pés. O aspecto é rudo e agresivo; a potencia do debuxo, combinado coa rugosidade matérica e o tenebrismo da cor as convérteas en imaxes case pétreas.

Os tons móvense na gama dos escuros, marróns, ocres, verdes e vermellos, axordados, que recordan a paleta de Manuel Prego. A pincelada enérxica e forte, está, en moitos casos, empastada con espátula, o que xera uns efectos planos na superficie da tea que contrasta coas texturas máis gromosas.

O resultado final é unha obra dura, que transmite tristura. É imposible mostrarse indiferente ante estes seres de miradas melancólicas e desgarradas que semellan a imaxe gráfica dos personaxes de Valle-Inclán.

Exposiciones

"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78