• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

GRAND EGLISE A PONTOISE

RAFAEL ALONSO

GRAND EGLISE A PONTOISE
INV:
2634
Año de creación:
1953
Dimensiones:
42 x 32 x 0
Técnica:
Rotulador sobre papel

Comentarios

O debuxo é o resultado da visita de Rafael Alonso á cidade francesa de Pontoise, pertencente ó departamento do Sena, onde o autor plasmou un dos seus monumentos como recordo de súa estancia.

A visión do edificio ofrécese fragmentada, nun escorzo que simula un encadre novidoso coma o dunha instantánea fotográfica pero que, sen dúbida, se inspira en Monet, na súa serie de As catedrais de Ruán, na que o artista francés estudiou as variacións da luz sobre a fachada da catedral.

O interese de Rafael Alonso, igual ca Monet, céntrase no xogo de luces e de sombras sobre a superficie do edificio. Resalta os elementos decorativos, os motivos ornamentais coma o rosetón e os pináculos con fronde, e incide nas sensacións atmosféricas. O trazo do debuxo é nervioso e entrecortado para describir con máis exactitude a vibración da luz e acadar un resultado final plástico, próximo ás obras impresionistas, captando a pel dun edificio vivo, cambiante e en movemento.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78