EL ENCUENTRO DEL MARQUÉS DE SANTILLANA CON LA SERRANILLA
- INV:
- 2751
- Año de creación:
- 1976
- Dimensiones:
- 72 x 107 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra de Granell foi pintada en Nova York, cando o pintor e a súa dona vivían na rúa 115 de Broadway. Daquela, década dos 70, a traxectoria pictórica de Eugenio Granell dá un xiro cara á figuración, afastándose da abstracción e da indefinición presente nas súas obras da década anterior. É un regreso aos motivos extraídos da realidade, no que no se deixan de lado as pautas surrealistas da poesía, a liberdade, a fantasía e a extremada sensibilidade. Os protagonistas son dous seres antropomorfos compostos polos elementos característicos do seu autor: pezas pequenas que conviven con grandes elementos e que dan como resultado unha figura indefinida, pero familiar.O título, "Encontro", remítenos ás súas obras dos anos 50, nas que xorden por primeira vez protagonizados por seres a medio camiño entre os animais, as plantas e as máquinas. Uns encontros que, ademais, parecen estar vinculados ao tema do azar tan recorrente no movemento surrealista.
A cor é un elemento característico nas obras desta década. Nesta obra, o protagonista é a cor amarela, semellante á cor solar, que se combina cun verde nada usual na traxectoria de Granell, son cores vivas, rutilantes. Ao negro resérvaselle o papel principal, vertebrando as imaxes e achegando a vibración característica de toda a súa obra.
Outro feito decisivo nas obras dos anos 70 é a dimensión literaria das súas obras; neste caso, é o título o que nos suxire a inspiración no mundo literario español. Un mundo que el reinterpreta con absoluta liberdade imaxinativa.
Trátase dunha das obras máis significativas do seu momento artístico, na que xorde con grande intensidade a riqueza creadora de Eugenio Granell, o seu universo mitolóxico e a súa linguaxe surrealista.
Exposiciones
"La Mujer en la Obra de Granell". Fundación Eugenio Granell. Santiago de Compostela. Do 15 de xulllo ao 15 de decembro de 2004.
"La Imagen de la Mujer en la obra de Eugenio Granell". Torreón de Lozoya (Caja Segovia). Plaza de San Martín. Segovia. Do 15 de setembro ao 27 de novembro de 2005.
Reproducciones
Grandes artistas galegos. Catálogo. Caja de Ahorros de Vigo, abril - maio 1987.E. Granell. Exposición antolóxica. Catálogo. Fundación Cultural Mapfre Vida. Madrid, 1989.
É na liña do horizonte que está o infinito. Eugenio Granell e Cruzeiro Seixas. Catálogo. Galería Sacramento. Aveiro (Portugal).