Antropoloxía
- INV:
- 642
- Año de creación:
- 1986
- Dimensiones:
- 130 x 194 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Rochas, agrupadas nun lugar dominante están recortadas sobre o ceo, con sombras que potencian o seu efecto fantástico. O pintor suxire a maxia misteriosa das pedras, convertidas en signos sensibles a certa relixiosidade, situándose na liña do realismo máxico. A cor, aplicada con maxistral técnica, responde ás modulacións dunha dominante, o rosa.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso A Coruña, e M. Municipal de Ourense, novembro, decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. (II)" na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo" do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Abreu Bastos" Exposición Antolóxica, do 11 de xaneiro ó 4 de febreiro de 1990, na Sala de Exposicións do Centro Cultural; "Arte Galega na colección Caixavigo S. XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Antológica ANTON ABREU". Casa das Artes, Vigo. Do 22 de maio ao 21 de xuñoo 1998.