• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación propón con «O mar empeza aquí» pequenas accións individuais para preservar o medio ambiente
Sala de prensa
Afundación propón con «O mar empeza aquí» pequenas accións individuais para preservar o medio ambiente

Afundación propón con «O mar empeza aquí» pequenas accións individuais para preservar o medio ambiente

martes, 09 de xuño de 2026
RSC

Calcúlase que cada ano no mundo 5 billóns de cabichas acaban no mar e cada unha delas pode chegar a contaminar entre 8 e 10 litros de auga. Unha soa goma de mascar pode tardar en desintegrarse ata 1600 anos. Co obxectivo de concienciar sobre o impacto destes e outros pequenos residuos como papeis ou plásticos, que se guindan no chan e chegan directamente ao mar a través da rede de pluviais, nace o movemento internacional «O mar empeza aquí». 

Afundación, en colaboración co Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia, puxo en marcha hoxe en Portonovo esta campaña de actuación e sensibilización, no marco dos seus programas PLANCTON e «Educación para a sostibilidade». Con eles, a Obra Social de ABANCA pretende promocionar un conxunto de boas prácticas medioambientais que, cun escaso esforzo pola nosa banda, permiten concienciarnos sobre a inmensa relevancia das pequenas accións do noso día a día.

O director xerente de Afundación, Pedro Otero; a concelleira de Servizos Sociais e Maiores de Sanxenxo, Paz Gago;   o responsable de Portos de Galicia na provincia de Pontevedra, Héctor Freijo e o director de zona Arousa-Salnés de ABANCA, Víctor Moralejo, foron os encargados de presentar esta mañá a iniciativa, que arrincou coa creación dunha instalación da artista Tania Solla na contorna dun sumidoiro, visibilizando o impacto dos residuos que vertemos ás redes de pluviais. Para incidir nesta mensaxe, 60 escolares do CEIP de Portonovo e 31 persoas voluntarias  do Club de xubilados de Portonovo e dos espazos +60 de Afundación sinalizaron distintos puntos da localidade co lema da campaña, «O mar empeza aquí» e informaron os viandantes sobre como cun escaso esforzo pola nosa banda, as pequenas accións do noso día a día poden ter unha gran relevancia.

Con idéntico obxectivo e, empregando a arte como ferramenta de concienciación, os escolares e voluntarios do clube de xubilados e  dos espazos+60 Afundación  pintaron na zona portuaria un muro deseñado pola artista Rakelle Cavallo, con pinturas fotocatalíticas que teñen a capacidade de absorber gases contaminantes. Deixaron así unha mensaxe permanente da importancia de actuacións preventivas como a iniciada hoxe en Portonovo para estender un compromiso común, consciente e constante, coas boas prácticas.  

«EDUCACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE»

O programa «Educación para a sostibibilidade», primeiro premio nacional de Medio Ambiente de CECA, promove o sentido de pertenza e de responsabilidade no coidado da contorna. Mediante unha implementación transversal a todas as áreas de Afundación, o obxectivo reside en inculcar prácticas sostibles entre unha xeración consciente e comprometida, e animar, con iso, a máis xente a sumarse a un futuro sostible. A partir dunha programación variada, dinámica e innovadora, proporciona coñecemento para entender os desafíos ambientais e empoderar aos máis novos para ser axentes de cambio, reforzando a súa autonomía e responsabilidade no camiño cara a un maior compromiso sostible.

Así, tanto mediante accións directas de voluntariado na limpeza de areais e costas a través do proxecto PLANCTON, retiráronse xa máis de 160 toneladas de residuos mariños desde o seu inicio en 2021. A cultura convértese tamén nun eixo vertebrador con estes mesmos fins a través de Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación, único en Galicia; promovendo actividades didácticas nas exposicións de contido ambiental; ou desenvolvendo iniciativas que axuntan prácticas sostibles con expresión artística como «Plantando árbores con pinceis». No ano 2025, máis de 200.000 persoas involucráronse a través de toda esta diversidade programática, coa Obra Social de ABANCA, na protección directa das nosas contornas.

MES DO MEDIOAMBIENTE

Afundación desenvolve unha completa programación durante todo o mes de xuño, no que se celebran algunhas das efemérides incluídas no calendario de conmemoracións internacionais da ONU, como o Día Mundial do Medio, 5 de xuño e o Día Mundial dos Océanos o día 8, para incidir así nas mensaxes que proxecta durante todo o ano a través do seu programa «Educación para a sostibilidade».

A programación deste mes inclúe distintas actuacións de limpeza de residuos e eliminación de especies invasoras desenvolvidas no marco de PLANCTON. A través deste proxecto poñerase en marcha tamén a cuarta edición de «Goza da praia sen deixar pegada», a campaña de boas prácticas para turistas, organizada en colaboración co sector pesqueiro galego, que chegará a Vilagarcía e O Grove; e estrearase unha nova campaña de «boas prácticas nos mercados portuarios».

O Centro Interactivo da Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, situado en Vigo, tamén creou unha programación especial durante os meses de xuño e xullo, con xornadas de portas abertas e talleres. Así mesmo, para favorecer a divulgación e a participación activa, a área de Cultura da Obra Social de ABANCA programa durante todo o ano exposicións de contidos medioambientais nas propias sedes de Afundación, en espazos exteriores e nos concellos participantes no programa «Corrente cultural». O obxectivo é facer un chamamento á acción e á reflexión, apreciando a diversidade da natureza desde moi diferentes enfoques e asumindo a responsabilidade da súa conservación. Este mes de xuño pódese visitar na Coruña, Cedeira e Nigrán «Comedy Wildlife», e en Vigo «Miña nai!. Maternidades e crías no mundo animal».

 

 

Material audiovisual da presentación de hoxe, dispoñible AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078