Quen somos

O voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA compoñémolo profesionais da nosa Fundación e de ABANCA, en activo ou na xubilación, así coma familiares, amizades, persoas socias dos Espazos +60, persoas usuarias das nosas actividades, clientes e colaboradores, que entendemos o voluntariado coma un xeito de expresar e canalizar, de forma altruísta e solidaria, o noso compromiso coa contorna, prestando unha axuda desinteresada a causas sociais, ambientais, así coma ás comunidades locais en que desenvolvemos a nosa actividade.
A solidariedade, a cooperación, o respecto, o traballo en equipo e o compromiso son valores que inspiran o noso programa, nacido en 2014.
O noso compromiso

O noso tempo e esforzo concéntranse no apoio a iniciativas sociais, ambientais e de educación financeira.
Actividades sociais
- Programa Cubertos O obxectivo de «Cubertos» é apoiar as familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise do COVID-19, garantindo ás nenas e nenos unha alimentación saudable e nutritiva durante o verán, período en que se interrompen os programas de bolsas a comedor. Para iso, Cubertos achega máis de 1.650 menús diarios a menores das sete principais cidades galegas, do 1 de xullo ata o inicio do curso escolar, un labor en que participan máis de 80 persoas voluntarias.
-
Programa +60 acompañámoste
En marzo de 2020, en resposta á crise do COVID-19 mobilizámonos para acompañar persoas maiores durante o confinamento e desescalada, a través dun servizo telefónico dirixido ás máis de 14.000 persoas socias dos 11 espazos +60, así coma a toda a poboación +60 de Galicia, co obxectivo de estar preto delas nesta circunstancia e detectar as situacións de maior vulnerabilidade para acompañalas mediante voluntariado. Como resultado das chamadas realizadas no programa, elaborouse un estudo sobre as estratexias das persoas maiores para abordar esta crise. -
Doazón de xoguetes
Con carácter previo á crise, grazas á implicación de 175 persoas voluntarias, organizamos campañas de doazón de xoguetes coas que conseguimos en 2019 máis de 4.900 xoguetes, que entregamos a entidades sociais de Galicia, Asturias e León. -
Voluntariado +60
Durante 2019, as persoas socias dos espazos +60 de Afundación dedicaron máis de 32.000 horas a voluntariado, tanto en programas interxeracionais, destinados a favorecer o diálogo con mocidade, nenos e nenas, coma a compartir os coñecementos e habilidades con outras persoas maiores. -
Actividades ambientais
A reforestación dos montes galegos, así coma a erradicación de especies invasoras ou a limpeza de bosques e praias, foron as principais accións realizadas por máis de 770 persoas voluntarias con case 4.800 horas de dedicación en 2019.
Apoiamos, así mesmo, a Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible impulsada pola ONU. Neste sentido, poñemos en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sustentabilidade como motor do cambio cara a un mundo máis responsable.
-
Actividades educativas
financeira foron os temas principais dos talleres que impartimos ao longo do ano a estudantes de secundaria e de formación profesional en centros educativos, e a persoas maiores.
Agardámoste
Se aínda non te sumaches ao programa de voluntariado de Afundación Obra Social ABANCA, enche o formulario que atoparás aquí e contactaremos contigo.
Unha vez te rexistraches, terás á túa disposición toda a información sobre as actividades promovidas por Afundación Obra Social ABANCA en que poderás participar.